estudios BruaR

Inicio

Galería  
 
Equipamento  
 
 Traballos realizados  
   

 

 

 

Os estudios de gravación BruaR inaguráronse en maio de 1999 e son actualmente as instalacións máis modernas do noroeste español. As obras foron realizadas pola empresa Reflexion Arts, con deseño exclusivo e a dirección, do enxeñeiro británico Philip Newell, antigo xefe de enxeñeiros de Virgin Records e a quen lle corresponde o mérito de ter dirixido as primeiras gravacións de Mike Oldfield, Led Zeppelin, The Who, entre outros.
As nosas instalacións deseñáronse e equipáronse para dar unha resposta práctica e versátil á súa demanda.

O equipo humano dos estudios BruaR, constitúenno técnicos e personal de producción altamente cualificados, que saben adaptarse ás súas necesidades cun servicio feito á súa medida. Para isto contamos co máis sofisticado equipamento de vangarda e dispoñemos tanto na sala de gravación coma no control, dos avances dixitais máis modernos.

Contamos, ó mesmo tempo, cun laboratorio Midi.

Todo isto permítenos traballar no seu proxecto coa máxima profesionalidade e conseguir así os mellores resultados dun xeito áxil e económico. Ademais podemos xestiona-la contratación de profesionais e o aluguer do equipo auxiliar que as necesidades puntuais de producción poidan aconsellar.

estudios BruaR ocupa unha superficie de 100 metros cadrados e dispón da última tecnoloxía dixital:

Sistema de gravación a disco duro.

64 pistas sistema Pro Tools.

Mesa D8B Mackie totalmente automatizada.

O mesmo Philip Newell deseñou o sistema de monitores a partir dun modelo de trompeta de agudos que el desenvolveu en colaboración coa Universidade de Southampton.

A escoita cercana é a Genelec 1030A, coa alternativa das Yamaha NS 10 o as AGL M-6.

O estudio dispón de variados procesadores de son e previos de alta gama. A microfonía inclué modelos tan diversos como Neumann, Earthworks, Telefunken, Akg, Shure, Senheisser e Sony. Tamén dispón de piano de cola, batería, set completo de percusión, e dunha grande variedade de módulos de son, samplers e teclados, incluindo un Kurzweill 2500 X.

Tamén colaboran con nos técnicos de renome: como Pablo Barreiro, Oscar Vinader e Fran Gude.


Información de contacto:

Enderezo:
Praza Mestre Mateo nº3 baixo
15003 A Coruña SPAIN

Enderezo E-mail: info@bruar.com


Enderezo Web: http://www.bruar.com

Telf.:00 34 981261104

Fax: 00 34 981253645

 

 

Se tes algún comentario acerca deste sitio fáino-lo saber.
Se queres intercambiar algún vínculo/link
por favor escribe a este enderezo
webmaster@bruar.com