estudios BruaR

Control

 

A nosa idea ó desenvolve-lo o estudio era crear un control no que a interacción do son fora o máis neutral posible. Para isto contactamos con Phil Newell, que avalado pola súa grande experiencia, desenvolveu un deseño acústico axeitado as nosas demandas e que o mesmo tempo resultou ser innovador.

A parede frontal conta cun sector vivo, duro e levemente difuso. A parede posterior é moi suave, absorbente, case anecoica:

 

-Minimiza os efectos de reflexión e en consecuencia as distorsións derivadas.
-Axuda a manter unha resposta de frecuencia uniforme na posición de mestura
-Psico-acusticamente crea unha distancia infinita no espacio, onde o único que se pode escoitar é o son reflectido da parede frontal, real e extremadamente preciso.
-Permite ter un control total sobre a ubicación e profundidade dos instrumentos.
-É capaz de proxectar unha nítida imaxe estéreo.
-Ofrece a posibilidade de monitorear durante horas a altos niveis de presión sonora e sen degradación da integridade auditiva.


Enderezo de correo electrónico: info@bruar.com
Enderezo Web:
http://www.bruar.com
Teléfono:
00 34 981261104
Fax:
00 34 981253645

Volver a Galería